twitter
rss

Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

Os dejo el villancico que vamos a cantar el viernes las niñas y los niños de 2º. Es una versión del: ande, ande, ande, la marimorena, ande, ande, ande que es la nochebuena.

Feliz aninovo e Feliz Nadal
Os nenos de segundo vos queren desexar
Feliz aninovo e Feliz Nadal
Os nenos de segundo vos queren desexar
Feliz aninovo e Feliz Nadal
Tengo ganas de que llegue Nochebuena y Navidad para abrir los regalitos con los que voy a jugar
Lo mejor de vacaciones es que no hay que madrugar,
ni aguantar a nuestros profes en toda_la navidad
Os nenos de segundo vos queren desexar
Feliz aninovo e Feliz Nadal
Os nenos de segundo vos queren desexar
Feliz aninovo e Feliz Nadal
Tres mesiños xa pasaron dende que_o curso empezou
e moitas cousas fixemos para aprender mellor
A ver si en vacaciones nieva y nieva sin parar
y cuando volvamos al cole no vamos ni_a entrar
Os nenos de segundo vos queren desexar
Feliz aninovo e Feliz Nadal
Os nenos de segundo vos queren desexar
Feliz aninovo e Feliz Nadal
Todo el cole y nuestra clase están muy bien decoradas
ahora vamos a dejar nuestras casas adornadas
Os nenos de segundo vos queren desexar
Feliz aninovo e Feliz Nadal


Os dejo la letra del villancico que estamos preparando las niñas y los niños de 1º. La música la conocemos todos
Bo Nadal/Feliz Navidad
Bo Nadal Bo Nadal
xa chega_o Nadal
os rapaces de primeiro
queren desexarvos
Navidad Navidad
Feliz Navidad
el avión de Jesusito
va_a_aterrizar
Bo Nadal Bo Nadal
xa chega_o Nadal
vinte días sen colexio
queremos estar
Navidad Navidad
Feliz Navidad
el Belén y el arbolito
hay que decorar
Bo Nadal Bo Nadal
xa chega_o Nadal
iste aninovo
imolo a disfrutar
Navidad Navidad
Feliz Navidad
las calles de Lugo
adornadas ya están
Bo Nadal Bo Nadal
xa chega_o Nadal
un montón de velas
Xesús vai ter que soplar
Navidad Navidad
Feliz Navidad
estos días en familia
vamos a pasar
Bo Nadal Bo Nadal
xa chega_o Nadal
veñen os Reis Magos
con regalos para nós
Navidad Navidad
Feliz Navidad
por si no quedaba claro
FELIZ NAVIDAD!!!!

Poi ao fin chegou o verán. Uns iredes á praia, outros á aldea... Pasaremos unhas vacacións formidables e logo voltaremos en Setembro coas pilas cargadas e moitas ganas de aprender e de divertirnos. Os vosos mestres e mestras de primeiro ciclo: Alberto, Paula, Marta, Sabela, Isabel, Julián, Rubén, e por suposto, tamén Ada, vos desexamos unhas felices vacacións de todo corazón, e vos deixamos unha canción para que cantedes e bailedes.


Peliqueiros, boteiros, cigarróns, os entroidos de Laza, Verín, as receitas das orellas, as filloas, o porqué de que cada ano o entroido cambie de data... Todo isto o estivemos a traballar estas últimas dúas semanas, ademáis de preparar o noso disfraz para, entre todos cociñar unha boa festa de entroido á galega. Xa están as fotos na galería de fotos do cole, aquí vos deixamos os enlaces:

Pincha aquí para ver as fotos do proxecto interdisciplinario e o noso traballo.

Pincha aquí para ver as fotos da festa de entroido do primeiro ciclo.


Durante este mes de decembro, as rapazas e os rapaces de 2º de primaria elaboraron un Belén moi curioso. Tódolos elementos do Belén, agás o neno Xesús, (San Xosé, María, os Magos, o portal, a estrela, o anxo, os camiños, o río, a ponte, as árbores...) están debuxadas con figuras musicais.
Para ver a galería de fotos na web do cole,  fai click aquí.


Hai un mes comezamos a preparar o Nadal dun xeito moi especial cos rapaces de 1º dende Relixión, Coñecemento do Medio, Lingua Galega e Música.
En relixión estiveron coñecendo o significado do Nadal co nacemento de Xesús e a simboloxía destas festas.
En coñecemento buscaron e situaron nun mapa todos eses lugares que aparecen cando falamos do nacemento de Xesús, observaron a decoración das aulas, dos corredores e do cole en xeral, falaron de como decoramos o barrio, a nosa casa e a cidade nestas festas...
En galego descubriron a simboloxía do Nadal en galego.
E en música coñeceron e aprenderon os instrumentos típicos de Nadal, os pintaron e os pegaron na árbore do corredor. Tamén escoitaron diferentes panxoliñas e prepararon a que ían cantar no Festival de Panxoliñas do cole.
Ademais das panxoliñas para o festival, adornaron o corredor cunha árbore de Nadal adornada con pandeiretas, cascabeis, zambombas, a botellas de cristal, estrelas de nadal, debuxos de Xesús, María e Xosé, Magos de Oriente, bolas de paz...
Foi un xeito diferente e innovador de aprender, ensinar e gozar co Nadal dende catro áreas diferentes. Tamén foi unha experiencia moi gratificante para o alumnado de 1º, ao igual que para os mestres implicados, o poder traballar en equipo e de forma conxunta.
Moitas gracias ás rapazas e aos rapaces de 1º por axudarnos a facer posible este proxecto e a Ada, Marta e Julián por implicarse nesta actividade. 

E coma o proxecto xiraba ao redor do Nadal, non podemos deixar de Felicitarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO 2014.

Aquí vos deixamos os profes unha fermosa canción por se este Nadal queredes bailar un pouquiño. Desfrutadea!


Iniciamos esta bitácora con toda a nosa ilusión, agardando que vos sexa de utilidade e que nos sirva para mellorar cada día máis. Usade sen temor estas ferramentas que con todo o noso cariño poñemos nas vosas mans, e non dubidedes en comentarnos aquelas cousas que vexades necesarias.