twitter
rss

Os nenos e nenas de terceiro, dentro do tema de sociais que estamos a dar, vimos de pensar uns pequenos consellos para non contaminar as nosas paisaxes, e queremos compartilos con todo o mundo. Serían estes.
    Consellos para non contaminar a paisaxe:
  • Non tirar lixo ao chan.
  • Se temos can, recoller as cacas.
  • Non usar tanto o coche, usar bicicletas, o bus ou ir andando.
  • Non cortar as árbores.
  • Reciclar e gastar menos papel.
  • Non malgastar a luz, apagar as luces se saímos dun sitio.
  • Non malgastar auga, cerrar a billa.
  • Recoller os papeis que vexa no chan.
  • Non tirar lixo á auga, ríos, lagos ou mares.
  • Facer rúas peonís. 

0 comentarios:

Publicar un comentario